viernes, 21 de agosto de 2009


"TORIBIO": EL BANDOLERO GALLEGO MAS PERSEGUIDO.
Ruta Cultural Mamed Casanova
Miércoles 26 de agosto a las 10:30 h
Inscripción: Fundación Ortegalia
Plazo límite: lunes 24 de agosto
Precio: 2 euros

jueves, 13 de agosto de 2009

Plan de actuación sobre a flora invasora da Ría de Ortigueira e Ladrido


Grazas á colaboración do Instituto de Desarrollo Caixanova, a Fundación Ortegalia comezou, en maio de 2009, a segunda etapa do seu “Plan de actuación sobre a flora invasora da Ría de Ortigueira e Ladrido”.

En primeiro lugar levouse a cabo unha revisión dos mapas de distribución das plantas invasoras para obter datos sobre a súa evolución dende 2008 co fin de poder planificar mecanismos específicos de control e de erradicación para cada unha das especies cartografiadas.

Iníciase agora unha campaña informativa para dar a coñecer os resultados destes traballos e concienciar á poboación da perigosidade destas especies que, xeralmente, se expanden a partir dos nosos xardíns.

Se estás interesado en saber máis sobre as plantas exóticas invasoras e o que cada un de nós podemos facer para evitar a súa expansión, non podes faltar á charla:



A flora exótica invasora no Ortegal

Xoves 20 de agosto ás 20.15h no Museo Ortegalia