viernes, 11 de febrero de 2011

I CAMPIONATO DE CANICAS

A Fundación Ortegalia, na súa tarefa de recuperación de xogos tradicionais, organiza o I Campionato de Canicas. Haberá dous niveis de xogo:

·         Nivel 1 – 0 a 10 anos

·         Nivel 2 – 10 a 90 anos

O campionato celebrarase o próximo 12 de marzo ás  12:00h no Mourón (ao carón das pistas de Pádel). A data de inscrición e gratuíta e a data límite para a mesma e o día 10  de marzo.

                                                                                                               ... descarga aquí as regras do xogo.

Información:

                
Fundación Ortegalia
T. 981 402 413 / 981 422 047
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira

http://www.ortegalia.es
http://www.facebook.com/fundacionortegalia

Os nosos cruceiros: historia, artistas, devotos, tradicións ... Os cruceiros do Concello de Ortigueira















O 26 de febreiro ás 12:00 h, no salón de actos do Museo Ortegalia terá lugar a Conferencia a cargo de Clodio González Pérez sobre os cruceiros, facendo mención ás orixes, historias, artistas recoñecidos, e tradicións que xiran entorno a estes elementos etnográficos. En particular centrarase nos cruceiros do Concello de Ortigueira.
A entrada será gratuíta.
Pola tarde farase unha saída ao campo en coches particulares visitando os cruceiros máis representativos da zona.


CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ
 Mestre, historiador e etnógrafo. Membro do padroado e da xunta reitora do Museo do Pobo Galego, da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, membro do Instituto de Estudos Tudenses, do Instituto de Estudos das Identidades, vocal da comisión de Patrimonio Histórico Galego da provincia da Coruña en representación do Consello da Cultura Galega, etc. Premio nacional de xornalismo "Artes y tradiciones populares" do Ministerio de Cultura os anos 1983, 1984, 1985 e 1986, polos artigos publicados en LA VOZ DE GALICIA (suplemento "La Voz de la Escuela"); premio de Investigación da Deputación de Pontevedra (1987 e 1992) e de Investigación Etnográfica "Raigame" da Deputación de Ourense (2008), etc.

Autor de varios libros e asiduo colaborador en revistas e xornais. Entre outras, conta coas seguintes publicacións sobre os cruceiros: "Os cruceiros de capela" concellos de Rois, Ribeira, Brión, Ames e Rianxo (Cuadernos de Estudios Gallegos, 1989, 1992, 1995, 1996, 1998, 1999) e concello de Dodro (Anuario Brigantino, 2001); "O milagre da lactación de San Bernardo nun cruceiro do século XVI" (Brigantium, 1990); "Un cruceiro ben documentado: o de Teaño (Boiro)" (Museo de Pontevedra, 1990); "Los cruceros de capillita" (Revista de Folklore, 1993); Os cruceiros  (2003); Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa, con R. Marín (2003); "Os cruceiros de capeliña: advocación, antigüidade e área xeográfica" (Actas do 1º Congreso Galego sobre "Cruceiros e cruces de pedra", 2009); "A representación dos instrumentos da Paixón nos nosos cruceiros" (Actas do 2º Congreso Galego sobre "Cruceiros e cruces de pedra", 2010), etc.

Fundación Ortegalia
T. 981 402 413 / 981 422 047
Avda Francisco Santiago 6-9
15.330 Ortigueira

http://www.ortegalia.es/
http://www.facebook.com/fundacionortegalia

jueves, 3 de febrero de 2011

Charla sobre “ A paz, as ONG e a solidariedade”

O pasado 26 de xaneiro de 2011 tivo lugar no salón de actos do Museo Ortegalia  unha charla conmemorativa do Día escolar pola paz e a non violencia, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
A charla ía dirixida ao alumnado do 3º ciclo de educación primaria –cursos 5º e 6º - do colexio público de Ortigueira, o CEIP José María Lage.
     Foi invitado a impartir a charla Xosé María Torres, membro da ONGD Farmamundi, e  que desde finais de 2005 desempeña o posto de presidente da Coordinadora Galega de ONG para o desenvolvemento, entidade que agrupa a outras 52 entidades que traballan en Galicia en proxectos de cooperación, acción humanitaria, comercio xusto e outras actividades que teñen como obxectivo mellorar a vida das persoas que viven en paises do denominado terceiro mundo.

    Xosé María dirixiu a un esixente e atento auditorio unhas palabras sobre a paz, as ONG e a solidariedade, acompañando as súas verbas cunha sinxela presentación audiovisual, na que se incluían breves videos sobre a idea de solidariedade. A charla completouse cunha rolda de preguntas, na que os alumnos amosaron o seu interese por coñecer os países visitados polo conferenciante e a vida das persoas que vivían neles.
Ao rematar, o conferenciante fixo entrega ás profesoras que acompañaban aos nenos de diverso material publicado pola Coordinadora Galega de ONGD, como guías de ONGD e unidades didácticas, así como exemplares da película “Binta e a gran idea” rodada en Senegal por UNICEF, para ser proxectada nas aulas do centro.

Dende Fundación Ortegalia queremos transmitir o apoio a esta causa e a satisfacción que nos produce poder acoller actividades dirixidas á concienciación social, en particular dos máis novos.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Día Internacional dos humidais 2011


Cada 2 febreiro (dende hai xa 40 anos!!) conmemoramos a data na que se celebrou a Convención sobre os Humedais (Convenio Ramsar), aproveitando a ocasión para informar e sensibilizar ao público en xeral sobre os valores dos humidais e os beneficios que nos reportan.

O lema deste ano é "Humidais e bosques" é particularmente axeitado, xa que Naciones Unidas declarou ao "2011 Ano Internacional dos Bosques". Unha oportunidade ideal para centrarse nun tipo particular de bosques, aqueles que están húmidos de cotío, como son manglares, bosques anegados, bosques turbosos...

Se queredes máis información, non vos perdades os seguintes enlaces:


De seguro vos gustará saber que a SEO vén de escoller, para ilustrar o mes de xuño na súa axenda do 2011, unha magnífica foto do muíño de mareas de Senra como representación da nosa zona Ramsar, a ría de Ortigueira e Ladrido. Os nosos parabéns para o autor!!

Lembrade que a ría de Ortigueira e Ladrido é un dos 5 humidais de importancia internacional que hai en Galicia. Cunha visita ao Museo Ortegalia poderás descubrir as principais características deste espazo natural.

martes, 1 de febrero de 2011

A muller, innovadora na Ciencia






A Fundación Ortegalia celebra o Ano Internacional da Química coa exposición “A Muller, innovadora na Ciencia”, deseñada pola Comisión Mulleres e Matemáticas da RSME, coa axuda do FECYT. Nela móstrase a vida e obra de varias científicas, entre elas Maria Sklodowxka-Curie, a quen se lle concedeu o Premio Nobel de Química hai 100 anos.
Esta exposición conta cun caderno didáctico con activides relacionadas cos contidos da mostra e poderá visitarse no Museo Ortegalia a partir do 9 de febreiro.