martes, 20 de marzo de 2012

22 de Marzo. Día Mundial da Auga


A ONU declarou o 22 de marzo o Día Mundial da Auga como un medio de chamar a atención sobre a importancia deste recurso e a defensa da súa xestión sostible. Este ano quérese destacar o vínculo entre a auga e a seguridade alimentaria.
 

Na actualidade hai 7.000 millóns de persoas no mundo. As estatísticas indican que cada persoa bebe entre 2 e 4 litros de auga a diario. Porén, a maior parte da auga que "bebemos" está incorporada nos alimentos que consumimos: producir 1 Kg de carne de vacún, por exemplo, consume 15.000 litros de auga, e 1 Kg de trigo "bébese" 1.500 litros.

Cando mil millóns de persoas no mundo xa viven en condicións de fame crónica e os recursos hídricos escasean, non se pode mirar para outro lado. Afrontar o crecemento da poboación garantindo a súa alimentación esixe tomar unha serie de medidas ás que todos podemos contribuír:
> consumir produtos que necesiten menos auga
> reducir o escandaloso desperdicio de alimentos (o 30% dos alimentos en todo o mundo e, polo tanto, a auga utilizada para producilos desbótase)
> producir máis alimentos con menos auga
> levar unha alimentación saudable

En todas as etapas da cadea de subministración, dende a produción ata o consumo, é posible establecer pautas para aforrar auga e asegurar que haxa alimentos para todos. E ti? Sabes canta auga consumes realmente todos os días? Como podes modificar a túa alimentación e reducir o teu impacto hídrico?


Pódeste informar máis aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario