lunes, 9 de abril de 2012

Os segredos de Chao do Limo


POTDATA: Debido ás condicións meteorolóxicas desfavorables, cambiamos a data desta actividade para o sábado 5 de maio

A Serra da Capelada é un LIC (Lugar de Interese Comunitario) de altísimo valor ecolóxico. A súa gran variedade xeomorfolóxica, e a abundancia de rochas básicas e ultrabásicas favorecen a existencia de biotopos con peculiaridades únicas onde medran especies vexetais moi raras ou escasas no resto de Galicia como Gentiana verna, Fritillaria pyrenaica ou Pinguicola vulgaris.

Os seus piñeirais, uceiras, turbeiras de cobertor, a súa xeografía típica de cantís traballados polo vento e o mar fan desta serra un auténtico museo ao aire libre

Nesta andaina poderemos descubrir, da man de Rafael López Loureiro, algunhas das marabillas que agocha o Chao do Limo. Ademais, visitaremos os restos da Garita da Vela do Limo e darase unha perspectiva histórica da importancia defensiva do sistema de garitas da vela na vixilancia das costas fronte aos corsarios.


Data: sábado 21 de abril 5 de maio
Saída ás 9.30h e retorno a media tarde
Dificultade media -baixa
Prazas limitadas
Inscrición 5€. Ata o xoves 19 de abril 3 de maio


Máis información:
Fundación Ortegalia
Avda Francisco Santiago 6/9
15.330 Ortigueira 
T 981 402 413
egonzalez(arroba)ortegalia.es


Observacións:
•    Desprazarémonos ao punto de inicio da ruta en coches particulares
•    É preciso levar comida e auga
•    Aconséllase levar roupa e calzado axeitados para camiñar (mellor bota impermeable e pantalón longo)
•    A actividade poderá ser suspendida ou aprazada se as condicións meteorolóxicas non son axeitadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario