miércoles, 2 de mayo de 2012

O que ocultan as rochas

A partir do 28 de abril podedes visitar no museo Ortegalia unha mostra de rochas, minerais e fósiles. 

A visita comeza abordando dun xeito didáctico as diferencias entre rocha e mineral con exemplos das distintas clases de minerais e exemplares de rochas metamórficas, ígneas e sedimentarias.
A continuación sitúanse diversas mostras de rochas do Complexo Cabo Ortegal no seu correspondente mapa xeolóxico. Tamén se tratan algunhas curiosidades como a existencia de lavas pillow en Espasante.
Remátase cunha selección de fósiles, algúns deles cedidos á Fundación Ortegalia por veciños da comarca.

Lembrade que a entrada é libre. Agardamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario