lunes, 22 de febrero de 2016

O RURAL, FONTE DE EMPREGO

Lembrámosvos de que aínda estades a tempo de inscribirvos na xornada O RURAL, FONTE DE EMPREGO
Ao longo da mañá do sábado 27, contaremos con charlas de emprendedores e técnicos que nos falarán de como desenvolver actividades produtivas no rural.
Para rematar a Xornada, e tras a charla do director técnico da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega, trasladarémonos ata As Neves, á Granxa Caxigueira, para a obseRvación "in situ" das características morfolóxicas do Cabalo de Pura Raza Galega (Cabalo Galego do Monte) e da Vaca Cachena, ambas consideradas Razas Autóctonas en Perigo de Extinción.
Non vos esquezades de que pola tarde celebrarase o I Encontro de Sementes de Couzadoiro.



domingo, 21 de febrero de 2016

EXPOSICIÓN CONXUNTA, VICTORIA DÍAZ CASTAÑEIRA & MARTÍN BELVISI

O vindeiro 3 de marzo inauguramos nova exposición no ESPAZO ARTEGALIA- MUSEO ORTEGALIA.
"Ollando na néboa" é unha mostra conxunta d@ fotógraf@ Victoria Díaz Castañeira e Martín Belvisi.Estará exposta no Museo Ortegalia ata o 16 de marzo.


jueves, 18 de febrero de 2016

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN DE FRAN RIVEIRO

O vindeiro 1 de marzo clausuramos a exposición de Fran Riveiro, Debuxacións. O acto comezara ás 19:00h e consistirá nunha visita guiada pola exposición e un breve solo de danza.
Esperámosvos!


viernes, 12 de febrero de 2016

O RURAL, FONTE DE EMPREGO

Un ano máis, este mes de febreiro celebrarase unha nova edición das "Xornadas de Aproveitamento dos Recursos Naturais como Oportunidade de Emprego. O Rural, Fonte de Emprego".
A actividade está programada para o sábado 27 de febrero.

Se queredes participar, podedes poñervos en contacto con nós achegándovos ao Museo Ortegalia ou polas seguintes vías:

fundacion@ortegalia.es
museo@ortegalia.es

Tel.: 981402413

jueves, 4 de febrero de 2016

PEZA MES DE FEBREIRO



DEBUXACIÓNS, DE FRAN RIVEIRO

DEBUXACIÓNS, de Fran Riveiro
Do 5 ao 29 de febreiro no ESPAZO ARTEGALIA
MUSEO ORTEGALIA
Esta mañá déronse os últimos retoques á montaxe expositiva do artista compostelán Fran Riveiro, que poderá ser visitada desde mañá ata o 29 de febreiro, no Espazo Artegalia.
Fran Riveiro defínese como un artesán do debuxo....
Conserva unha foto con dous anos e medio de idade na que aparece cun lapis na boca e mirando ao infinito pensando en algo que plasmar e dende entón non parou de facelo.
Co paso dos anos, un elemento común comeza a unir todas as pezas, facéndose moi sinxelo identificar o seu estilo persoal mentres continúa coas investigacións cos soportes, o debuxo, os materiais, o estudo do urbanismo utópico ou real...
O debuxo nace, brota coma unha chispa nun circuíto eléctrico e flúe ate que nalgún punto decide que xa está rematado.
“O debuxo, ao meu entender, está vivo, late mentres está en proceso, e volve latir en canto se volve a ollar con atención”.
Imparte cursos de debuxo para debuxantes de cómic e ilustración, traballa como modelo de debuxo en escolas de artes e oficios de Madrid, onde aprende a reflexionar sobre a observación da realidade previa ao trazo. Tamén imparte obradoiros de iniciación ao debuxo, debuxo expresivo, creación espontánea ou storyboards, ademais de conseguir a carta de artesán na modalidade de debuxo.
Traballa en soportes como papel, cartón, madeira, cristal, tea, metal... e incluso chega a utilizar o audiovisual ou deseñar debuxos para tatuaxes. O grafito, a tinta, a acuarela, o óleo, pastel, acrílico e incluso elementos de collage conforman parte da materia prima das súas creacións.
Realiza exposicións en diversos espazos:
Hervor Fervor Bar, Bar Pampín, CC Los Rosales, Cidade da cultura de Galicia, Museo Fundación Ortegalia...
Continúa a crear diariamente por amor á arte, sen abandonar nunca a curiosidade e a investigación neste campo.





martes, 2 de febrero de 2016

RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO, SITIO RAMSAR


En Galicia están inventariados máis de 1.100 humidais, sendo cinco deles Sitios Ramsar (humidais de importancia internacional):
- Ría de Ribadeo.
- Ría de Ortigueira e Ladrido.
- Lagoa e areal de Valdoviño.
- Complexo das praias, lago e duna de Corrubedo.
- Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lancada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira.


Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais, abriuse hoxe ao público no MUSEO ORTAGALIA a exposición "Ría de Ortigueira e Ladrido, Sitio Ramsar" onde se achegan datos sobre este espazo no contexto galego e se interpreta a súa biodiversidade.



 

lunes, 1 de febrero de 2016

DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS

Lembrámosvos de que mañá é o Día Mundial dos Humedais e, con motivo desta celebración, ábrese ao público no Museo Ortegalia a exposición temporal "Ría de Ortigueira e Ladrido, Sitio Ramsar".
A mostra está composta por paneis, fotografías, publicacións e rastros da fauna deste humidal de importancia internacional.