lunes, 11 de abril de 2016

CAMIÑANDO CARA A CANDIDATURA DE XEOPARQUE

Esta fin de semana, celebramos as III Xornadas Xeolóxicas da Costa Norte, nas que visitamos as principais áreas e puntos de interese xeolóxico do concello de Ortigueira, integradas no Proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal.
O itinerario do primeiro día transcurriu pola Ría de Ortigueira, Serra da Capelada e Ponte Mera. Na mañá do domingo, tras unha introdución teórica no Museo Ortegalia, achegámonos ao litoral de Loiba e a Espasante.
O grupo que tomou parte na actividade estivo composto por persoas das catro provincias galegas que aprenderon a metodoloxía empregrada para valorar e cuantificar un lugar en función do seu patrimonio xeolóxico.
Moitas grazas a tod@s por participar e moitas grazas tamén a Francisco Canosa polas súas magníficas explicacións.

























No hay comentarios:

Publicar un comentario