miércoles, 18 de mayo de 2016

18 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

18 DE MAIO, DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
O Museo Ortegalia celebra hoxe o Día Internacional dos Museos, coa inauguración da exposición temporal "Paisaxes Culturais". Trátase dunha mostra de fotografía que fai un percorrido por diferentes escenas dos catro concellos que conforman a comarca do Ortegal.


O tema elixido polo ICOM para a edición de 2016 é "Museos e Paisaxes Culturais", o que pon de manifesto a responsabilidade dos museos coa paisaxe da que forman parte, á cal poden contribuír achegando os seus coñecementos e competencias propias. Un museo responsable da paisaxe asume, ao mesmo tempo, o seu rol de centro de interpretación do patrimonio e do territorio, promovendo así o seu coñecemento e sensibilizando aos seus habitantes e aos que o visitan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario